Victorias de Extrugasa, Inelga e Establecimientos Otero en baloncesto

extrugasa100_121107.jpgSALNÉS > Pleno de victorias na xornada de fin de semana. Extrugasa, Inelga e Establecimientos Otero solventaron os seus respectivos compromisos.

O Extrugasa está imparable. O sábado enfrontábase a un deses rivais que teñen o cartel de grande, o Hondarribia, e gañou (74-82), polo que xa son cuartas na xeral.

Bo traballo das de Isaac Fernández que basearon a súa victoria nunha boa defensa e nun gran ataque no último cuarto do partido. Excelente actuación de Kiesha Brown e Agne Ciudariene, que aportaron 20 e 22 puntos cada unha. Ademais, debutou a bielorrusa Marina Kress, que aportou no seu primeiro encontro 6 puntos e 8 rebotes.

Tamén o sábado, o Inelga arrasou ó Zamora en Liga EBA (67-40), nun partido no que os vilagarciáns deixaron ó seu rival en 10 puntos ó descanso. Gran defensa local e actuación estelar de Gustavo Andújar, con 18 puntos e 11 rebotes, que estivo ben secundado por Juan Mato, que aportou 15 puntos e 9 rebotes.

Por último, pero non menos importante, o Establecimientos Otero, que deu a sorpresa ó gañar na casa do intratable líder Cafegal Pabellón por 66-74. Tras dúas derrotas consecutivas, os cambadeses voltan pola senda do triunfo e continúan segundos na xeral, agora a unha soa victoria do propio Pabellón.