Feijóo: ‘Farase entrega de todas as bandeiras azuis en Sanxenxo’

    feijoo_copia100.jpgSANXENXO> Despois de inauguración da bienal de Pontevedra, o presidente da Xunta visitou, xunto Rafael Louzán, o concello de Sanxenxo. Alberto Núñez Feijóo felicitou a Catalina González polas 14 bandeiras azuis.

    {flowplayer}images/salnes/TAPAS_SANXENXO.flv{/flowplayer}

    O presidente da Xunta deu os seus parabéns a alcaldesa de Sanxenxo polas 14 bandeiras azuis conseguidas, e que supoñen un recoñecemento da Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor. Esta localidade costeira conseguiu renovar 13 distintivos obtidos o ano pasado para 14 praias, e recuperou a do Porto Deportivo Juan Carlos I. É o octavo ano consecutivo en que o concello de Sanxenxo se converte no municipio con maior número de distintivos de toda España.

    Con este magnífico resultado, a Xunta de Galicia decidiu facela entrega de todas as bandeiras azuis da comunidade autónoma en Sanxenxo.

    Feijóo realizou estas declaracións, tras percorrer as rúas desta localidade degustando as tapas dos bares e restaurantes, que participan no primeiro concurso de tapas. Para o presidente autonómico non existen dúbidas de como están os pinchos: fantásticos.

    Ata o día 30, teñen tempo para gozar das deliciosas tapas de Sanxenxo e Portonovo, en 23 establecementos e por un prezo máximo de 4 euros.

    Redacción Salnés