Presentado o equipo galego que competirá en Pontevedra

triatlon250_080610.jpgPONTEVEDRA> O Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra acolleu esta mañá a presentación da selección galega que vai participar na proba da Copa de Europa de triatlón que se celebra este sábado na cidade do Lérez. Oito compoñentes, con Javi Gómez Noya á cabeza, que tentarán facer o mellor papel posible.

{flowplayer}images/salnes/triatlon_080610.flv{/flowplayer} 

Por terceiro ano consecutivo Pontevedra acolle unha proba da Copa de Europa de triatlón. Dezaoito países estarán representados na Cidade do Lérez, nun evento que para a organización servirá de derradeiro adestramento de cara ó Campionato de Europa do vindeiro ano.

Coma sempre os galegos van ter moito que dicir. Nas mulleres acuden Fany Domínguez, Aída Valiño e Saleta Castro coa intención de remtaar nos primeiros postos, xa que esta é a primeira proba puntuable para o ranking olímpico.

Entre os homes o favorito á victoria non pode ser outro que o triatleta local. Javi Gómez Noya foi primeiro hai dous anos e segundo no 2009. Superada a lesión que o mantivo apartado da competición, ven de acadar a semana pasada o cuarto posto na proba da Copa do Mundo de Madrid. Pouco a pouco vai collendo a forma necesaria para comezar a gañar carreiras.

O ferrolán afincado en Pontevedra recoñece que esta proba non é prioritario dentro do seu calendario de competición, máis centrado no Mundial. De tódolos xeitos destaca a gran calidade dos triatletas que participarán, sobre todo, as figuras emerxentes deste deporte.

Xunto a Gómez Noya, Óscar Vicente, Uxío Abuín e Jesús Gomar tentarán facelo o mellor posible diante dun público pontevedrés entregado sempre á causa, chova o que chova.

Redacción Salnés