Deporte solidario en favor da fundación FAIBEN

RIBEIRA> O polideportivo de Palmeira acollerá o sábado día 17 un festival benéfico en apoio á fundación de apoio á infancia e ó benestar FAIBEN. Diversas entidades e clubs deportivos participarán no acto que se comporá de exhibicións de artes marciais e dúas master class. Co obxectivo de recadar fondos pero sobre todo de dar a coñecer o labor da Fundación FAIBEN, numerosas entidades deportivas darase cita o sábado dezasete a partir das cinco da tarde no multiusos de Palmeira. Os asistentes, que aboarán un donativo voluntario, poderán desfrutar de dúas master class, de zumba e aerobis, e varias exhibicións de artes marciais. Tódolos fondos recadados destinaranse á fundación FAIBEN que conta cun piso de acollida en Ribeira que actualmente presta servizo a dez nenos. Ademais desta e as outras dúas casas tuteladas que ten en Vigo, a Fundación leva anos traballando nunha campaña de adopción especial para facer posible que os nenos con circunstancias especiais de adoptabilidade poidan atopar unha familia. Dende o concello fan un chamamento á solidariedade veciñal para que colaboren nesta causa. Ademais de realizar donativos, os asistentes poderán solicitar información sobre a labor de Faiben a través dos expositores que se instalarán á entrada do recinto. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/07/presentacionfestivaldeportivofaiben0701151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/07/presentacionfestivaldeportivofaiben070115.mp4{/flowplayer}