Un 70% dos funcionarios van á folga no Salnés e só un 20% no Barbanza

    folga100.jpgSALNÉS/BARBANZA> A folga de empregados públicos obtivo un respaldo do 70% no Salnés, mentres que no Barbanza, foi do 20%, segundo os sindicatos.

    SALNÉS/BARBANZA> A folga de empregados públicos tivo un seguimento elevado na comarca do Salnés, segundo as centrais sindicais convocantes, que cifran nun 70 por cento o respaldo de tódolos funcionarios da bisbarra. Pola contra, a folga apenas tivo incidencia na comarca do Barbanza, o seguimento foi dun 20 por cento. 

    No Salnés, destaca, sobre todo, o seguimento que tivo o paro no Concello do Grove, que rozou o 100 por cento. Os empregados públicos do consistorio de Vilagarcía tamén participaron de xeito masivo nesta folga, achegándose ó 80 por cento.

    En canto ó Hospital do Salnés e ós centros de saúde, desde Comisións Obreiras destacaron a Canal Rías Baixas que os servizos mínimos foron moi elevados. Inda así, entre os traballadores que si puideron ir á folga, estiman tamén entre un 65 e un 70 por cento de seguimento.

    No tocante ós centros educativos, a CIG destaca que o paro no Salnés foi importante e que afectou á maioría dos centros.

    {flowplayer}images/salnes/folga_funcionarios_barbanza.flv{/flowplayer}

    SEGUIMENTO BAIXO NO BARBANZA

    Pola contra, a folga apenas tivo incidencia na comarca do Barbanza. A maior parte dos profesionais da administración e da sanidade non secundaron o paro convocado polos sindicatos.

    Nas delegación comarcal de Pesca a normalidade foi a tónica dominante durante toda a mañá. A maior parte dos funcionarios non secundaron a folga por entender que as mobilizacións dos sindicatos chegan tarde e apenas van ter efecto. O mesmo acontecía na delegación de Facenda onde tan só un dos traballadores sumouse ó paro. De feito, as persoas que acudiron a realizar algún trámite fixérono con total normalidade.

    Nos centros de ensino o seguemento foi desigual aínda que se deixou notar máis que noutros sectores. Por exemplo no IES Número 1 de Ribeira, a mediodía, un decena de profesores secundaran o paro, á espera dos datos da xornada completa. Pola contra, no colexio Fernández Varela da Pobra, todo o persoal docente acudiu ó seu posto de traballo.

    No ámbito sanitario a repercusión da folga apenas de deixou sentir dado que os servizos mínimos funcionaron ó cen por cento. Segundo os datos da Consellería de Sanidade, na provincia da Coruña o sgeuemento foi do 3’45 por cento.

    Na comarca do Barbanza, CCOO estima o seguemento da folga entre un vinte e un trinta por cento, con especial repercursión na administración local. Se ben os resultados son inferiores ós agardados polas organizacións convocantes, atribúen a falta de participación ó descontento do funcionariado que non ve na folga o instrumento para frear unhas medidas que xa consideran inevitables. Sen embargo, piden ó goberno que non interprete a baixa participación como unha mensaxe de complicidade por parte da función pública.

    Redacción Barbanza