Pitadas e aplausos para Rafael Louzán

    2congreso_vilagarcia100.jpgVILAGARCÍA> Moitos interpretan este congreso como o primeiro revés político de Rafael Louzán. Desde un principio falouse da aposta …

    {flowplayer}images/salnes/2congreso_vilagarcia.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> Moitos interpretan este congreso como o primeiro revés político de Rafael Louzán. Desde un principio falouse da aposta do presidente provincial do partido por Javier Puertas neste congreso.

    O sábado, en Fexdega, escoitáronse algunhas pitadas pero tamén aplausos para Louzán, que dedicou as súas primeiras palabras ó gañador. Louzán recoñece que con este congreso sabían que se abrirían portas á confrontación, pero tamén que isto lles daría máis fortaleza. Neste senso, quixo aclarar que en Vilagarcía decidiu a súa militancia.

    Tomás Fole tamén recibiu os parabéns do secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, da conselleira do Mar, Rosa Quintana, do conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, e da deputada no Congreso Ana Pastor. Rueda destacou a mobilización de militantes neste congreso, pero indicoulles que agora hai que sumar o esforzo de todos para gañar nas Municipais.

    Rueda tamén tivo palabras de apoio para Marta Rodríguez, organizadora dun congreso que lle deu máis dun desgusto, sobre todo despois de manifestar abertamente o seu apoio a Tomás Fole.

    Tanto Rueda como Louzán lembraron que Alberto Núñez Feijoo chegou á Xunta logo de ser elixido presidente do partico nun congreso no que se presentaran catro candidaturas.

    Redacción Salnés