Tomás Fole gaña o congreso do PP de Vilagarcía

    fole100.jpgVILAGARCÍA> Tras unha intensa batalla entre Tomás Fole e Javier Puertas, finalmente a militancia do PP de Vilagarcía decidiu co seu voto renovar a Fole

    {flowplayer}images/salnes/1congreso_vilagarcia.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> Tras unha intensa batalla entre Tomás Fole e Javier Puertas, finalmente a militancia do PP de Vilagarcía decidiu co seu voto renovar a Fole como presidente local.

    Ó congreso celebrado no recinto feiral de Fexdega acudiron un milleiro de persoas e votaron 621 afiliados, destes 356 apoiaron a Tomás Fole e 264 a Javier Puertas. Só houbo un único voto en branco. O recen gañador agradeceu ó seu adversario por terse presentado e provocar a celebración deste congreso,e á militancia, a súa participación masiva.

    Tomás Fole considera que neste congreso o único vencido é o bipartito que goberna arestora en Vilagarcía. O recen elixido presidente local do PP apelou á unidade das dúas candidaturas para, xuntos, acadar o principal obxectivo, que é gañar as eleccións Municipais de maio de 2011.

    Fole agradeceu a todos por crer nel e darlle a oportunidade de encabezar unha nova idea e de corrixir erros, e por darlles tanta responsabilidade a el e ó seu equipo.

    Redacción Salnés