Xogos e dinámicas para coñecela historia dos indíxenas de Guatelama

    campamento_maiacopy.jpgCAMBADOS> Este é o obxectivo do campamento que se desenvolveu hoxe no monte A Pastora. 4 ONGs galegas foron as impulsoras da iniciativa.

    {flowplayer}images/salnes/CAMPAMENTO_MAIA_CAMBADOS.flv{/flowplayer}

    Hoxe o Monte da Pastora, en Cambados, acolle un campamento sobre a cultura Maia. Nesta ocasión os rapaces teñen a oportunidade de coñecer as costumes e tradicións da poboación indíxena de Guatemala.

    Esta actividade forma parte do proxecto de sensibilización ‘Coñecendo os Pobos, achegando culturas’ financiado pola Xunta de Galicia. As súas tradicións, a súa gastronomía ou os seus xogos son algúns dos coñecementos que adquiriron esta mañá estes rapaces.

    Máis de trinta rapaces participan hoxe neste campamento sobre a cultura Maia. Unha iniciativa promovida por catro ONGs galegas coa que pretenden achegarlles a través de xogos a historia da poboación de Gautemala.

    Eles mesmos, os máis de trinta rapaces que participan nesta ocasión relatáronnos tódalas cousas que aprenderon , aínda que algúns andaban un pouco despistado.

    Este actividade enmárcase dentro do Campamento Urbano organizado polo concello de Cambados.

    Redacción Salnés