Real Conserveira Española inaugura unha nova factoría en Sete Pías

    conservera copia100.jpgCAMBADOS> A nova planta xerou 50 postos de traballo e emprega materia 100% galega, orientada cara mercados gourmet e de exportación.

    {flowplayer}images/salnes/CONSERVERA_ESPANOLA.flv{/flowplayer}

    Diferentes alcaldes da comarca, representantes do sector do mar e a pesca, encabezados polos Conselleiros de Mar e Industria asistiron esta mañá á inauguración da nova factoría da Real Conserveira Española. Deste xeito, dáse continuidade á saga familiar Peña de máis de 90 anos. A Conselleira do Mar, Rosa Quintana, quixo destacar precisamente ese carácter tradicional e o futuro que lle augura á conserveira grazas á incorporación das novas tecnoloxías.

    Neste senso, esta nova factoría, situada no Polígono de Sete Pías aposta pola elaboración de conservas con materia prima 100% galega, extremando a calidade, de cara a acadar un mercado global.O seu maior accionista entende que na internacionalización está a clave para conseguir unha marca global.

    Por iso, para o Conselleiro de Industria supón unha iniciativa de futuro para o sector da conserva. A xeración de postos de traballo, a innovación e a internacionalización foron os aspectos que Javier Guerra quixo resaltar.

    A Xunta de Galicia destinou a esta infraestrutura preto de seis millóns de euros

    Redacción Salnés