Cambados é o ‘Mellor Municipio Enoturístico de España 2018’

Cambados é o 'Mellor Municipio Enoturístico de España 2018'

CAMBADOS> Novo recoñecemento para Cambados. A vila foi declarada este mediodía Mellor Municipio Enoturístico de España. Acevin comunicou a decisión do xurado dos premios Rutas do Viño de España ao concello; un novo título que chega practicamente dous anos despois do nomeamento de Cambados como Cidade Europea do Viño 2017.

Segundo recolle no seu fallo, o xurado escolleu a Capital do Albariño polo nivel de conservación e protección do seu patrimonio histórico, destacando que conta con un dos conxuntos históricos mellor conservado de Galicia. O entorno de viñedos e adegas e o seu labor de potenciación da cultura do viño e a gastronomía, son tamén outros factores que tiveron en conta para concederlle este título.

Destacan, ademais, o seu labor de como promotor da Ruta do Viño Rías Baixas dende o ano 2001.