Vilanova Centro asina o convenio con Desarroyos Vilanova

    convenio_centro_comercial_deiro100.jpgVILANOVA> Vilanova Centro asinou esta mañá o convenio de colaboración con Desarroyos Vilanova, promotora do centro comercial de Deiro.

    {flowplayer}images/salnes/convenio_centro_comercial.flv{/flowplayer}

    VILANOVA> Vilanova Centro asinou esta mañá o convenio de colaboración con Desarroyos Vilanova, promotora do centro comercial de Deiro.

    Trátase dun acordo para cinco anos nos que os asociados terán prioridade para escoller local, cun desconto do 10 por cento no prezo do aluguer. Ademais, a promotora farase socia de Vilanova Centro, pagando unha cota de seis mil euros anuais. O colectivo ábrese tamén ó resto de establecementos que se instalen no centro de Deiro. O presidente Ramón Cardalda insiste en que é unha decisión acertada.

    Ante as críticas recibidas do Consorcio de Comercio do Salnés e tamén do PSOE de Vilagarcía e Cambados, Cardalda asegura que desde a Xunta se están a escoitar voces que lle están a dar a razón a Vilanova Centro. Cardalda lembra que todos sabían que tiñan este convenio desde hai seis anos, cando botou a andar a tramitación do centro comercial. Explica que firman agora logo de comprobar que todo está conforme á lei e réstalle importancia á expulsión de Vilanova Centro do Consorcio.

    Tamén a promotora saíu ó paso dalgunhas informacións acerca do proxecto. Aclarou que o centro comercial terá unhas dimensións de 23 mil metros cadrados, non de 80 mil como se está a dicir. Segundo explicou Álvaro Cernuda, os socios de Vilanova Centro terán á súa disposición os locais que están na liña de caixa, fronte ó supermercado. Son 17 locais, desde 17 metros cadrados ata 261. Desarroyos Vilanova espera contar para final de ano coa aprobación definitiva da modificación puntual, e estiman inaugurar en xuño ou xullo de 2012.

    Redacción Salnés