Dous informes desfavorables con catro anos de retraso poderían levar ao PXOM do Grove á vía xudicial

O GROVE> Dous informes desfavorables de Portos e Patrimonio poderían complicar a aprobación do PXOM do Grove. O concello traballa nos último detalles para poder presentalo en pleno e logo trasladalo á xunta. En caso de que o goberno autonómico non o aceptase a proposta, o goberno meco estudia levar o caso aos tribunais.

O concello do Grove acaba de rematar a nova proposta do seu PXOM.  O equipo de goberno dá por finalizadas as correccións e adaptacións que a Xunta solicitoulles para o que plan fose viable. O alcalde da vila adianta que nas próximas datas o plan estará exposto na casa da cultura de San Vicente, na web do concello e na propia casa consistorial. Os socialistas traballan agora nos informes internos para poder levalo a pleno.

Aínda que fixeron as correccións, o concello do Grove pode atoparse cun novo problema. Tanto Portos como Patrimonio trasladan ao concello dous informes desfavorables. Requirimentos que, segundo o alcalde, chegan catro anos fora de prazo.

Unha vez aprobada en pleno a proposta do PXOM o concello o trasladará á Xunta, a pesar dos dous informes desfavorables. Será a administración autonómica a que de o informe definitivo para aprobar ou non o PXOM do Grove. En caso de que non se aprobe, o goberno de Cacabelos intentará chegar a un acordo coa xunta para corrixir as diferencias. Se as negociacións fracasan, os socialistas recorreran a vía xudicial.

Para coñecer a decisión da xunta aínda haberá que esperar. O alcalde non quere marcarse prazos pero agarda que podan levar a proposta a pleno en xaneiro de 2020.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí