Un 33% máis de embarcacións en tránsito nos portos deportivos das Rías Baixas durante o mes de agosto

    VILANOVA> Os portos deportivos da comunidade recibiron durante o mes de agosto máis de 3.000 embarcacións en tránsito, unha cifra que o sitúa como o mellor mes historicamente neste tipo de actividades. Un incremento do 33% na comunidade con respecto ao ano 2015, que curiosamente, coincide co porcentaxe do tránsito nas Rías Baixas, comparado co mesmo período do ano pasado.

     

    Un 33% máis de embarcacións en tránsito recalaron nos portos deportivos das Rías Baixas en concreto nos portos da Ría de Arousa, Pontevedra e Vigo, comprendidos entre Ribeira e Baiona. 

    Os resultados das Rías Baixas veñen a ratificar os do conxunto de Galicia, entre os que destaca o porto de Muros. 

    Compre lembrar que a forte repercusión económica que supón para as vilas portuarias esta actividade que beneficia non soa ao sector náutico e auxiliar, senón tamén ao servizos, hostalería e comercio. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/07/transito_barcos_porto_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/07/transito_barcos_porto.mp4{/flowplayer}