O albariño Martín Códax estará presente no Festival de Cine Español de Londres

    A organización do evento escolleu ó Rías Baixas como viño que degustarán os asistentes á inauguración e ás recepcións convocadas entre hoxe e o domingo, debido ó apoio que a adega cambadesa vén amosando ó mundo do cinema e á cultura en xeral tanto en Galicia como a nivel internacional. O 5th Spring Weekend do London Spanish Film Festival amosará nestes días unha selección dos mellores filmes producidos en España o pasado ano, como ‘El Niño’, de Daniel Monzón, ‘La Isla Mínima’, de Alberto Rodríguez, ou ‘Todos están muertos’, de Beatriz Sanchís.