![]()
SANXENXO > En Portonovo ó redor das once da mañá un camión de suministro de marisco vivo da empresa Lalandi comezou a arder …
… diante da praza da Abastos. O lume espallouse rapidamente por toda a parte traseira do camión e foi un veciño o que se achegou cun extintor a apagar as lapas. A chamada dun policía local alertou ós bombeiros que se achegaron rapidamente ó lugar dos feitos e remataron de extinguir o lume.
A causa do incendio parece ser un curtocircuíto provocado polo mal funcionamento dunha pequena bomba que leva o camión para por en funcionamento a auga na que se mantén vivo o marisco. Non se lamentaron danos persoais posto que o conductor topábase fora do vehículo facendo a descarga e un policía local do concello evitou que os veciños se achegasen ás lapas.
Redacción Salnés







