Esther Arcos, primeiro reforzo do Promociones Collazo

futbolsala250_240610.jpgPOIO> O Promociones Collazo de Poio traballa xa no equipo que a temporada que ven tentará dar o salto a División de Honra. Hoxe confirmaron a primeira fichaxe, que virá a reforzar a portería.

O Concello de Poio-Promociones Collazo comezou a preparar xa a vindeira temporada, na que volverán a militar na División de Prata do futbol sala feminino nacional. Logo dun ano no que estiveron a piques de dar o salto a Divisíón de Honra, queren que a 2010/11 sexa a do ansiado ascenso.

Aínda que quedan varios meses para o inicio da competición, dende a directiva quere pecharse canto antes a composición de plantel e corpo técnico. Nese sentido, e unha vez confirmada a renovación do adestrador Gonzalo Iglesias “Morenín”, agora os esforzos céntranse no tema xogadoras.

Boa parte do plantel do ano pasado, continuarán logo de renovar os seus contratos co club. Así as cousas, só darán tres baixas, e as tres por decisión técnica: a viguesa Carla, a monfortina Nieves e a santiaguesa Genucha, deixarán a disciplina do Promociones Collazo.

A directiva busca agora reforzos para cubrir esas baixas, de feito xa chegou o primeiro. Trátase da xogadora andaluaz Esther Arcos, que actúa como porteira. Procede do equipo canario do Preconte Teide que militou durante esta temporada na División de Honra. Tamén xogou en Níjar e Almería e foi durante anos a gardamallas da selección andaluza. Agora o fútbol sala tráelle a Poio para reforzar a portería.

Redacción Salnés