Unha viaxe polas aldeas e lugares do Salnés

CAMBADOS> ‘O discurso dos afluentes’. Esta é a nova proposta literaria do xornalista e escritor vilanovés Miguel Anxo Martínez Oubiña.

{flowplayer}images/salnes/libro_miguel_anxo.flv{/flowplayer}

CAMBADOS> ‘O discurso dos afluentes’. Esta é a nova proposta literaria do xornalista e escritor vilanovés Miguel Anxo Martínez Oubiña. O libro, editado por A Nosa Terra, foi presentado onte á tarde no Centro Comarcal do Salnés de Cambados.

Segundo explicou o autor, trátase dun libro de viaxes onde o protagonista é o rural do Salnés, e no que se fala dos elementos patrimoniais menos coñecidos e tamén de historias e lendas relacionadas con eses lugares.

O libro xurdiu dunha serie de reportaxes para un suplemento do Faro de Vigo en 2004. Daquelas viaxes polo rural do Salnés, Miguel Anxo Martínez foi coñecendo os recursos da comarca e as súas historias. Acabado o traballo xornalístico, o autor decidiu seguir indagando e plasmar nun libro os seus descubrimentos. Un periplo no que gozou, sobre todo, co que lle contaban os veciños.

Fontes, cruceiros, igrexas, e mesmo praias fluviais, son protagonistas desta viaxe polas aldeas e lugares do Salnés. Pero tamén historias da Santa Compaña, de ritos como o da Ponte dos Padriños, ou mesmo dun pazo no que se podía indultar a criminais. Esta última contáronlla diante do Pazo da Rúa Nova en András. O Discurso dos afluentes é un libro de viaxes contado cun estilo entre xornalístico e literario.

Redacción Salnés