Os tres clubs de baloncesto vilagarciáns buscan a fusión

VILAGARCIA> Os tres clubs de baloncesto de Vilagarcía, o Basket Base Club, A.D. Cortegada e o Liceo Casino están a traballar nun proxecto conxunto que podería supoñer a creación dun novo e máis potente club de baloncesto comarcal.

{flowplayer}images/salnes/ptac_proxecto_cortegada.flv{/flowplayer}

As dificultades económicas e a pretensión de acadar maiores rendementos deportivos foron os obxectivos que levaron a estes tres clubs a fundirse nun que recolle a esencia dos tres. Logo de case 10 meses de reunións, constatouse que a disposición das tres partes é boa, co que a fusión podería completarse nunha temporada. Arestora os equipos xurídicos das tres entidades deportivas están a estudiar os detalles legais; que incluirán cambios como o de ter un único Director Deportivo Profesional do que dependerán cadanseu responsable do baloncesto feminino e masculino. Con esta nova estructura intentarase mellorar a calidade do aprendizaxe deste deporte nas categorías base para contar cunha mellor canteira que axude tamén a unha categoría senior profesional. 

Polo de agora continuarán as negociacións para chegar a un acordo común que logo deberá ser ratificado polos socios dos tres clubs. Mentres eso non se produce, as tres entidades xa veñen de propoñer unha concentración con xogos e competicións para categorías base o vindeiro mércores 12 de outubro; e un campus de perfeccionamento de basket para o Nadal.

Redacción Salnés.