O club O Muíño prepara a I Copa Promoción para a base

piraguismoribadumia copia100.jpgRIBADUMIA> Máis de 200 rapaces de toda Galicia das categorías benxamín, alevín e infantil, competirán na proba do Umia. Para alevíns e infantís, a competición consistirá nunha contrarreloxo por grupos.

{flowplayer}images/salnes/PIRAGUISMO_RIBADUMIA.flv{/flowplayer}

A competición celebrarase a partires das 4 menos cuarto da tarde do venres no río Umia, en dirección Barrantes, con saída e meta nas instalacións do club en Cabanelas. Os participantes das categorías Infantil e Alevín competirán nunha proba diferente, xa que para eles consistirá nunha proba contrarreloxo por grupos.

A organización agarda que máis de 200 rapaces compitan na proba deste venres. Polo de momento, confirmaron a súa asistencia os clubes Cambados, Torres de Catoira, Liceo de Vilagarcía, Portonovo, Rías Baixas de Boiro e Piragüismo de Rianxo, aínda que non se descartan novas incorporacións.

Redacción Salnés