Traballo aproba catro obradoiros de emprego para 82 persoas de O Salnés

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/20/beatriz_mato_cambados.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/20/beatriz_mato_cambados.mp4{/flowplayer} 

 

CAMBADOS> A Consellería de Traballo concede catro obradoiros de emprego á comarca do Salnés. Cambados, Vilagarcía, O Grove e a Mancomunidade serán os beneficiarios destas iniciativas, que contribuirán á formación de 82 persoas. En total, os catro programas contarán cun orzamento de 730 mil euros.

Tres concellos do Salnés e a propia Mancomunidade repartiranse catro dos obradoiros de emprego que a Consellería de Traballo ven de aprobar para Galicia.

Mato fixo este anuncio durante a súa visita a Cambados. No caso da vila, serán 19 os beneficiados grazas a este programa, que conta cun investimento de 170 mil euros.

Os beneficiarios formaranse en cantería, carpintería e xardinería. Adquirirán coñecementos tanto teóricos como prácticos, e incluso desenvolverán diferentes traballos na vila.

En toda Galicia, este programa de obradoiros de emprego conta cun orzamento de 10 millóns de euros, e beneficiará a 1300 persoas.