CCOO chama á mobilización en contra da reforma laboral

    rpccoo.jpgRIBEIRA> CCOO Barbanza celebrou unha asemblea de delegados  para informar sobre o decreto da reforma laboral, en trámite parlamentario.

    {flowplayer}barbanza/rpccoo.flv{/flowplayer}

    Primeiro foi a conxelación das pensións e a reducción salarial ós empregados públicos e agora o abaratamento do despido contemplado na reforma laboral que se está a tramitar no congreso. Medidas que para CCOO, lonxe de contribuír á redución do déficit público, supoñen unha agresión contra os dereitos dos traballadores e da sociedade en xeral.

    Manifestación

    Por isto fan un chamamento á participación na manifestación que partirá o próximo mércores trinta de xuño da alameda compostelá ás oito da tarde así como a secundar a folga xeral convocada para o 29 de setembro.

    Alternativas

    Ademais da precarización laboral, esta reforma suporá segundo CCOO importantes recortes na inversión públcia co consecuente enfriamento da economía con menor consumo, menor produción e menor emprego. Fronte a isto, o sindicato aposta por incrementar os ingresos nos orzamentos xerais a través doutras medidas alternativas.

    A solución proposta polo sindicato para a saída da crise é o necesario cambio do modelo produtivo baseado na construción e no crédito que levou ó país a esta difícil situación económica.

    Redacción Barbanza