O pleno da luz verde, por unanimidade, a 4 obras de infraestruturas

    pleno_cambados_copia100.jpgCAMBADOS> As obras realizaranse en colaboración coa Xunta e cun investimento de case dous millóns de euros. Os tres grupos municipais recoñeceron que os proxectos repercutirán positivamente nos cidadáns.

    {flowplayer}images/salnes/PLENO_CAMBADOS.flv{/flowplayer}

    Este é o balance das actuacións que se van realizar conxuntamente entre o goberno municipal de Cambados e a Xunta de Galicia, grazas ós convenios ratificados onte na sesión plenaria. A Corporación debateu ata un total de 3 convenios de colaboración que van permitir a execución do novo centro de día, a reurbanización integral da avenida de Galicia e a ampliación do Camiño do Castro.

    Durante o pleno produciuse un momento de tensión ante a moción presentada polo grupo socialista para que a Festa do Albariño sexa declarada como Festa de Interese Turístico Internacional. Luis Arangue asegurou que levan moitos anos loitando por esta denominación que non vai permitir que Tabuyo lle diga como facer o seu traballo, cando o Albariño estivo esquecido polo bipartito.

    O Pleno tamén aprobou por unanimidade que as terrazas cambadesas luzan unha imaxe homoxénea.

    En canto o soldo por dedicación exclusiva, Aragunde indicou que el se reduce un 7% a nómina e o tenente de alcalde un 5%.

    Redacción Salnés