Unha muller, á fronte da Garda Civil de Cambados por primeira vez na historia

CAMBADOS> Por primeira vez na súa historia, unha muller asume o mando do cuartel da Garda Civil de Cambados. Unha tenente, con orixes en Noia, sitúase á fronte dun equipo composto por unha trintena de axentes, todos homes. Hoxe, foi recibida no concello pola alcaldesa, nunha primeira toma de contacto, na que ambas se comprometeron a manter ou incluso mellora-las relacións entre o goberno local e a Benemérita.

Primeira toma de contacto entre a nova tenente da Garda Civil de Cambados e o goberno local. Por primeira vez na historia do municipio, unha muller sitúase á fronte da Benemérita. Ás súas ordes, unha trintena de axentes, todos eles homes. Leva exerxendo de tenente dende 2014 en Madrid. Agora, chega a Cambados co compromiso de manter e mesmo mellora-las relacións entre o instituto armado e o concello.

A alcaldesa da localidade recibiuna esta mañá no seu despacho, acompañada dos concelleiros de Seguridade Cidadá e de Servizos e do cura-párroco de Cambados. Fátima Abal renovou o compromiso da Policía Local de seguir colaborando, como ata o de agora, coa Garda Civil. Colaboración tamén, di o concelleiro de Seguridade Cidadá, na loita contra a covid.

A nova tenente chega a Cambados cun cuartel provisional, en tanto non comezan as obras das novas instalacións. Polo de agora, os terreos seguen baleiros e o proxecto do novo cuartel, a piques de licitarse.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí