A Deputación de Pontevedra presume de investimentos no Salnés: 127 millóns en 8 anos

VILAGARCIA> A  deputación de Pontevedra presume dos investimentos realizados no Salnés nos últimos 8 anos. Carmela Silva cifra en 127 millóns de euros as aportacións realizadas na comarca durante a súa presidencia, segundo explica, un 60% máis que cando a deputación estaba liderada partido popular. Silva tamén mandou unha mensaxe aos populares, criticando os baixos investimentos da xunta e que o fagan de maneira desigual segundo a formación que goberne en cada concello.

Tras 4 anos de mandato, as diferentes administracións comezan a facer balance das súas actuacións durante os últimos anos. No caso da deputación de Pontevedra, con Carmela Silva á fronte, o seu liderado esténdese dende o ano 2015. 8 anos nos que a presidenta presume de realizar os investimentos máis altos dunha administración na comarca do Salnés.

Silva xustifica as súas declaracións comparando os seus investimentos na comarca cos realizados nos mandatos anteriores polo partido popular.

Segundo explica Carmela Silva, estes investimentos supuxeron a realización de máis de 1200 obras e a creación de numerosos postos de traballo.

A xunta presume das súas liñas de axudas, especialmente do plan concellos, que permite que os diferentes municipios poidan desenvolver importantes obras todos os anos. Situación, que segundo Carmela Silva, non pasaba co goberno do partido popular. As súas críticas aos populares van máis alá. A presidenta critica á xunta por non destinar máis investimentos na comarca que por facelos de forma desigual, priorizando aos concellos das súas cores.

Carmela Silva pon de exemplo os investimentos realizados en Sanxenxo e Vilanova para asegurar que a deputación si apoia de igual maneira a todos os concellos. A socialista agarda que a veciñanza valore a súa xestión.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí