Durán conta cos permisos para construír a pousada e o balneario

    vilanova_copia100.jpgVILANOVA> O conxunto edificatorio, duns 45.000 metros cadrados, situarase na zona de O Terrón. Con este informe favorable da Xunta, os técnicos municipais xa comezaron a redactar o proxecto. .

    {flowplayer}images/salnes/ROLDA_VILANOVA.flv{/flowplayer}

    Con gran satisfacción, Gonzalo Durán mostrou ós medios de comunicación o informe favorable emitida pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para a construción da pousada e do balneario. Segundo o documento se autoriza a instalación da pousada, xa que se trata dunha infraestrutura destinada ó medio rural e potenciadora do medio onde se empraza. Aínda que Durán puntualiza que se vai realizar na segunda fase das subvencións da Deputación.

    O ámbito de emprazamento do conxunto edificatorio, acada uns 45.000 metros cadrados clasificados como solo non urbanizable. O alcalde vilanovés indicou que o terreo a edificar sitúase fóra dos 100 metros de costas.

    Gonzalo Durán tamén mostrou as obras de acondicionamento que se están a levar a cabo na praia das Sinas, co obxectivo de conseguir a bandeira azul. A ampliación do aparcamento, o aumento do areal, a torre de vixilancia e o primeiro tramo do paseo marítimo teñen un investimento de 200.000 euros.

    Segundo o alcalde o ritmo das obras están indo a moi bo ritmo e espérase que estean rematadas entre un mes e mes e medio.

    Redacción Salnés