A Garda Civil trasladará o seu posto de Vilagarcía a Vilanova

VILANOVA> Cambios importantes na Garda Civil na comarca do Salnés. A oficina de atención cidadá de Vilanova elévase a posto. Ao tempo, suprímese o que o instituto armado tiña en Vilagarcía. Estes cambios recóllense nunha resolución publicada no Boletín Oficial da Garda Civil, que hoxe deu a coñecer o alcalde de Vilanova.

O Concello tivo coñecemento destes cambios porque a Benemérita solicitou prorrogar o contrato de alugueiro do local onde está instalada en Vilanova, preto da casa consistorial. Ese arrendamento vencía agora e trala solicitude da Garda Civil, será o Pleno da Corporación o o que aprobe esta petición o vindeiro luns.

O concello tamén porá a disposición do corpo prazas de estacionamento, xa que a partir de agora precisarán de máis prazas. Para isto, o goberno local apalabrou xa un garaxe próximo

Gonzalo Durán non descarta no futuro buscar unha mellor localización para o posto da Garda Civil. O alcalde tamén entende que esta é a decisión máis lóxica, partindo de que en Vilagarcía xa hai presenza da Policía Nacional.