Pescamar, premiada por fomentar o consumo do peixe

    premio_pescamar_copia100.jpgPOIO> A conserveira foi premiada o pasado 24 de xuño. A través da súa conserva de atún con tomate trátase ensinar ós máis pequenos hábitos alimenticios saudables.

    {flowplayer}images/salnes/PESCAMAR_KIDS.flv{/flowplayer}

    Pescamar deu a coñecer o recoñecemento do FROM no Concello de Poio, municipio onde conta con sede, e arroupada polo alcalde da localidade. Ata o momento, é a única conserveira deste país, premiada polas súa campaña de fomento consumo do peixe e de hábitos saudables entre os nenos. O seu produto estrela é Pescamar Kids, unha lata de conserva de atún e salsa de tomate.

    Dende o primeiro momento gustou ós máis pequenos e tamén ás nais. Segundo explicou a directora xeral da conserveira, cada lata contén un 26% de proteínas e un 30% de vitaminas A e B.

    Dende o concello de Poio manifestaron o seu total apoio á conserveira. Luciano Sobral asegurou que este premio é un recoñecemento ó duro traballo de Pescamar e a súa iniciativa de alimentación infantil saudable.

    A directora xeral da conserveira sinalou que, nestes momentos, están inmersos noutro proxecto da man de ANFACO para a creación de pasta de peixe.

    Redacción Salnés