POBRA> A acción, impulsada dende o centro educativo en colabotación co departamento de Servizos Sociais, irá dirixida ó alumnado de cuarto da ESO deste centro educativo.
O IES da Pobra en colaboración co Concello desenvolverá ó longo das vindeiras semanas unha serie de charlas relacionadas coa prevención de condutas aditivas no ámbito escolar. A actividade está dirixida ó alumnado de 4.° da ESO. Serán impartidas polos psicólogos Juan Carlos Permuy e Belén Montesa.
Para o desenvolvemento da actividade, o centro educativo conta coa colaboración do Concello, a través do departamento de Servizos Sociais.
A situación epidemeolóxica que vive a Pobra nestes momentos obrigou a adiar unha charla final dirixida ás familias sobre esta mesma temática que ía celebrarse o día 22 de abril no Teatro Cine Elma.