Galicia lidera as ratios de doazóns de órganos

     PONTEVEDRA> Este catorce de marzo celébrase o Día Mundial do Transplante de ril, unha efeméride que é aproveitada…

    {flowplayer}images/salnes/doazon_organos_140313.flv{/flowplayer}

     … pola Oficina de Coordinación e Transplantes para facer unha nova chamada á concienciación cidadá: doar órganos é, ás máis das veces, á única maneira de salvar vidas. Galicia figura entre as Comunidades líderes en doazón de órganos; o ano pasado doaron uns 34 galegos por cada millón de habitantes; unha ratio que intenta manterse en sucesivos exercicios.

    Aínda que a nosa Comunidade destaca polo seu alto índice e doazóns tamén cabe salientar o importante número de negacións, sobre todo, por descoñecemento dos parentes da opinión do falecido a cerca da doazón.

    É por isto polo que desde o SERGAS intentan impulsar a tarxeta de doante de órganos: un documento acreditativo da nosa vontade de querer doar os nosos órganos, aínda que unha vez producido ó deceso, serán os familiares os que teñan a última palabra. Formalizaremos así o que parece ser a opinión da maioría da cidadanía.

    Redacción Salnés