Comeza a campaña de extracción da Vieira con 33 barcos na confraría de Cambados

CAMBADOS> Comeza a bo ritmo a campaña de extracción da vieira. Un total de 33 barcos da confraría de Cambados se sumaron á captura do bivalvo. A previsión é superar as 30 mil toneladas desta marisco.

Con máis retraso do habitual deu comezo a campaña de extracción da vieira. O stock almacenado impediu aos mariñeiros partir antes de nadal á captura deste bivalvo. Nesta primeira semana participan 33 barcos da confraría de Cambados.

O tamaño da vieira supera os 11,5 Cm, o mínimo permitido pola confraría para capturar este marisco.

As capturas comezaron na zona 4 situada na costa de Cambados, os vieireiros alternan as zonas de captura segundo as condicións climatolóxicas.

O retraso da campaña debeuse ao stock acumulado na planta de evisceración. Aínda así, as vendas de nadal foron un éxito.

O tope actual marcado pola confraría son 3 toneladas ao día. A previsión é que a campaña supere as 30 toneladas capturadas. O tempo de duración será de 3 semanas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí