![]()
MEIS> No caso da de San Martiño-Armenteira estase ultimando a exclusión de parcelas afectadas pola Lei de Solo e a segregación en dúas zonas.
{flowplayer}images/salnes/TOURIS_PARCELARIA_ARMENTEIRA.flv{/flowplayer}
Unha superficie superior a 3.000 hectáreas a concentrar e máis de 5.500 propietarios implicados fan da de Meis, unha das concentracións parcelarias de maior envergadura da provincia de Pontevedra. O procedemento está dividido en catro zonas, e despois de parálises e escollos administrativos, parece que as obras avanzan.
O delegado territorial estivo no concello para presentar os avances realizados no proxecto de concentración parcelaria de varias desas zonas, entre elas a de San Martiño-Armenteira: a delimitación dos núcleos, a exclusión das parcelas afectadas pola Lei do Solo e a proposta de segregación de San Martiño- Armenteira en dúas zonas definidas pola vocación agraria de cada unha: labradío e forestal.
Outras das zonas paralizadas era a de Nogueira. Nestes intres xa se ten feito unha aproximación á rede de camiños nas que se consideran as exclusións dos núcleos e a actualización do expediente correspondente ás bases definitivas, en concreto ás zonas afectadas polo nó de curro, o tramo da autovía Curro-Baión e da Autovía do Salnés. En canto á zona de concentración de Paradela está a piques de rematar a actualización do expediente, ó observar que existen algúns defectos de delineación das parcelas de reemprazo.
O próximo ano entregaranse os títulos En San Salvador estanse acometendo as últimas fases de modificacións de lindes acordadas cos propietarios e calculan que tamén o vindeiro ano poderían recibir os títulos.
Redacción Salnés








