A gardería de O Revel estará lista para o vindeiro curso escolar

    OBRAS_GARDERIA_VILALONGAcopy.jpgSANXENXO> Así o confirmou a alcaldesa na visita que realizou, esta mañá, ás obras. Aínda así, non estará operativa en setembro.

    {flowplayer}images/salnes/OBRAS_GARDERIA_O_REVEL.flv{/flowplayer}

    Polo momento, só está construída a estrutura do que será a futura gardería de O Revel, en Vilalonga. A alcaldesa confesou, durante a visita, que confía en que as instalacións estean operativas para o vindeiro curso escolar. Para iso, informou que o prazo para a solicitude de praza xa está aberto ata o vindeiro quince de abril.

    Estas instalacións darán cabida para preto de cento cincuenta cativos. A esta oferta súmanse as setenta prazas xa existentes na escola infantil de O Tombo.

    González destacou, ó tempo, o traballo realizado polos arquitectos da obra que foron premiados polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia coa distinción Gran DeArea. Informou, ademais, que parte do custo da obra xa se remitiu á empresa adxudicataria porque ra un requisito do convenio asinado coa Consellería antes de dispor da subvención.

    Na visita a rexedora estivo acompañada polos membros do grupo de goberno entre os que se atopaba o edil de obras, Tino Sanmartín e a concelleira de Cultura, Paz Lago.

     

    Redacción Salnés