O Real Madrid Castela enfrontarase ao Pontevedra en Baltar

SANXENXO> O Pontevedra e o Real Madrid Castela enfrontaranse en Sanxenxo na trixésimo sexta edición do trofeo Manolo Martín. A recadación do encontro amigable destinarase para a Fundación Banco Farmacéutico de Galicia. A cita terá lugar en Baltar o xoves 1 de agosto as 19:00 horas.

A trixésimo sexta edición do torneo Manolo Martín terá lugar en Sanxenxo. Un encontro que cada ano enfronta a diferentes equipos co obxectivo de recadar fondos para causas benéficas.

O encontro amigable enfronta ao Pontevedra co Real Madrid Castela. Ambos clubs resaltan que o importante é a causa solidaria.

A recadación irá destinada á Fundación Banco Farmacéutico de Galicia que destinará os fondos a axudar aquelas persoas que non poden acceder a determinados fármacos ou tratamentos médicos.

O alcalde de Sanxenxo destacou a importancia da causa máis que do encontro. Para colaborar co propósito o concello mercou 1500 entradas para regalar aos máis mozos.

Para o resto do público a entrada custa 8 euros. O encontro terá lugar en Baltar o xoves 1 de agosto ás 19:00 horas.