O PSOE denuncia un novo vertido procedente de empresas da Tomada

    vertidoriomorto_100.jpgPOBRA> O PSOE vén de denunciar un novo vertido no Río Morto, presuntamente de orixe industrial.

    {flowplayer}barbanza/vertidospobra.flv{/flowplayer}

    Nada máis detectar a presenza dun vertido no río Morto, a voceira dos socialistas pobreses, Teresa García, dou aviso á policía local. Dous axentes desprazáronse ata o lugar e procederon á elaboración dun informe sobre os feitos.

    Segundo explicou a edil socialista, estaban vertendo ó río unha gran cantidade de auga de cor branca, que emanaba cheiros polo que sospeita que se trata dun vertido de orixe industrial

    Permisividade

    Dende o PSOE critican a xestión ambiental do goberno pobrense que hai quince días presentaba os resultados do plan de control de vertidos anunciando un novo sistema moi efectivo. Insistían ademais no endurecemento das sancións ós infractores; uns anuncios que non convencen á oposición que acusan ó alcalde de permisividade con certas empresas.

    Por outra banda, ademais dos vertidos, dende o PSOE denuncian o abandono de certos núcleos de poboación por parte do executivo municipal. É o caso dos veciños de Pontenaveira que levan semanas denunciando a presenza de terra na estrada acumulada coas últimas chuvias sen que, ata o momento, os servizos municipais procederan á súa retirada.

    Redacción Barbanza