A Garda Civil investiga un presunto intento de agresión sexual na praia da Corna

RIBEIRA> A Policía Xudicial da Garda Civil de Noia investiga un intento de agresión acontecido a pasada tarde nas inmediacións da praia da Corna, en Ribeira.

Unha moza denunciou que foi atacada por un home mentres practicaba deporte na praia. Segundo o seu testemuño, a muller sentiu unha forte descarga eléctrica nas costas, probablemente efectuada cunha pistola táser, que a deixou paralizada; feito que aproveitou o asaltante para arrastrala a unha zona arborada.

Non puido consumar a agresión posto que outra persoa que paseaba pola zona decatouse do que acontecía e comezou a gritar. O home conseguiu fuxir. Agora, a Garda Civil intenta dar co paradoiro do presunto autor dos feitos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí