NOIA> A Concellería de Igualdade de Noia deseñou un amplo programa de actividades para conmemorar o Día da Muller. Este ano o colectivo homenaxeado serán as mulleres labregas.
Baixo o lema ‘Rachando co medo’ a concellería de Igualdade de Noia conmemorará o 8 de marzo cunha serie de actividades encamiñadas a amosar o compromiso do concello coa igualdade. A primeira das citas será o sábado 5 cunha andaina pola igualdade que partirá ás 11 de mañá dende a praza do concello.
O proio día 8 terá lugar a tradicional homenaxe no Coliseo Noela que este ano distinguirá ó colectivo das mulleres labregas.
Como complemento a estes actos, o CIM desenvolverá un obradoiro de risoterapia para mulleres que dará comezo o día 21. Tamén porá en marcha un curso decaixeira repoñedora para desempregadas en situación de especial vulnerabilidade que comezará tamén a finais de marzo. As interesadas dispoñen de máis información no centro de información á muller.
Tamén se desenvolverá unha campaña de concienciación en redes e durante toda a semana pendurará da fachada do concello unha pancarta conmemorativa.