Continúan a desenvolverse na Pobra as actividades enmarcadas nas Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán

POBRA> Seguen a desenvolverse con éxito na Pobra as actividades enmarcadas nas Xornadas de homenaxe a Valle-Inclán.

Esta pasada fin de semana con especial protagonismo do teatro.

Unha das propostas máis interesantes da fin de semana tiña lugar na mañá do sábado e consistiu nun roteiro teatralizado con Maruxa e Coralia, as populares ‘Marías’ ou ‘As dúas en punto’ de Santiago.

A través delas, e a pesar de que o tempo non acompañou demasiado, realizouse un percorrido por parte dos lugares da Pobra que lembran a memoria familiar, humana e artística do autor de ‘Luces de Bohemia’.

Baixo o título ‘A vila que as pariu’, foi unha adaptación dunha produción da compañía Teatro En Punto, coas actrices Gloria Rico, no papel de Coralia, e Nuria Sanz, no papel de Maruxa, na que non faltou tampouco a música en directo de Sabela Dacal.