A Feira Labrega e os callos, estrelas un ano máis das festas de San Bieito

    festas_meis_100_020710.jpg MEIS> O día grande das celebracións será o domingo 11 de xullo. Preto de 6.000 racións de callos, misas e moita música amenizarán a xornada.

    {flowplayer}images/salnes/FESTAS_MEIS.flv{/flowplayer}
     
    Meis quenta motores para celebrar por todo o alto o día de San Bieito. Será o vindeiro domingo 11 de xullo, con degustación de callos incluída. Pero o programa das festas déixanos xa unha primeira cita para esta fin de semana. O domingo recrearase a antiga feira labrega de Mosteiro, entre o luns e o martes terá lugar a décima edición do torneo de xadrez, e o mércores, día do neno con infinidade de atraccións de balde. A inauguración oficial dos festexos chegará o xoves ás nove da noite a cargo do humorista Isi, e logo, a gozar coas cancións do terceiro concurso: ‘Porque ti o vales’.
     
    O venres os organizadores propoñen un pouco de exercicio coa festa da bicicleta, un adestramento recomendable se pola noite queren bailar ata o amencer coas orquestras Panorama e Pontevedra. E no domingo, o día grande na honra de San Bieito, haberá misas durante toda a mañá, pasarrúas e a edición número vinte da Festa dos Callos.
     
    O concello aproveitará estas celebracións para homenaxear ó actor de cine Eduardo Fajardo, que será nomeado fillo predilecto de Meis o vindeiro mércores. Tamén está previsto organizar unha mostra con tódolos carteis que anunciaron as festas ano tras ano.
     
    Redacción Salnés