A Escola de Hostalaría acredita a 26 novos profesionais

    clausura_hostalaria_100_020710.jpg O GROVE> Os alumnos recibiron os seus diplomas durante o acto de clausura do Obradoiro de Emprego celebrado no complexo vacacional de A Lanzada.

    {flowplayer}images/salnes/CLAUSURA_HOSTALARIA.flv{/flowplayer}
     
    Vinteseis alumnos de cociña e camareiro recibiron o diploma do fin do obradoiro que os acredita como profesionais nos seus campos. Este é o obxectivo deste proxecto de alta eficacia, formar persoas cualificadas a través de teoría e práctica, con grandes posibilidades de saír directamente ó mercado laboral. Ó acto de clausura asistiron o presidente provincial, Rafael Louzán, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís e o presidente da Mancomunidade do Salnés, Jorge Domínguez. O alcalde de Meaño, felicitou ós alumnos e aseguroulles que este ano ía a ser o máis importante da súa formación.
     
    Jose Manuel Cores Tourís sinalou que este obradoiro está moi valorado pola Xunta de Galicia, xa que estimula a formación e a creación de emprego, e anunciou un novo obradoiro para o curso que ven. Pola súa parte o presidente provincial, destacou a importancia deste tipo de proxectos para unha boa formación no sector do turismo. Do mesmo xeito, sinalou a estreita colaboración entre administracións para lograr un proxecto de calidade.
     
    Rafael Louzán anunciou as reformas que se van realizar no edificio e as grandes posibilidades de traballo que os alumnos poden atopar coa construción das pousadas, que van crear entre 120 e 140 empregos.
     
    Redacción Salnés