
{flowplayer}images/salnes/COUTO_MIXTO.flv{/flowplayer}
Sería como a Andorra dos nosos días. A mediados do século XIX, no territorio ocupado hoxe polo municipios de Calvos de Randín e Baltar, na provincia de Ourense, situábase o Couto Mixto, unha rexión independente na fronteira entre Galicia e Portugal. Desapareceu no 1863, pero o seu espírito permanece nunha festa e unha asociación que levan o seu mesmo nome. Teñen como fin promover a cultura e, sobre todo, a lingua galega. Ademais do seu interese histórico, outra das fins da Asociación de Amigos do Couto Mixto é que este territorio se converta no punto de referencia da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
O vindeiro 17 de xullo, Vilagarcía será un dos concellos convidados a participar na Festa do Couto Mixto. Desde a concellería de Cultura queren que todo aquel que o desexe se achegue a compartir con eles esta data. Por iso correrán cos gastos de alugar un autobús para transportar gratuitamente ata un máximo de cincuenta persoas. Os interesados deberán inscribirse nas dependencias da concellería de Cultura.
Redacción Salnés