Sanxenxo lidera, de novo, os municipios españois con bandeiras azuis

    bandeiras_azuis_copia100.jpgSANXENXO> Alberto Núñez Feijóo presidiu o acto de entrega das bandeiras azuis ós 38 municipios galardoados. Sanxenxo lidera as localidades de toda España en número de distintivos, con 14 bandeiras.

    {flowplayer}images/salnes/BANDEIRAS_AZUIS.flv{/flowplayer}

    Sanxenxo converteuse, esta fin de semana, no epicentro das bandeiras azuis de toda Galicia. Os arredores da Ermita de A Lanzada acolleron o acto de entrega dos distintivos de calidade, que pronto comezarán a ondear nos 38 municipios galegos que recibiron o emblema. A entrega, estivo presidida polo presidente da Xunta. Alberto Núñez Feijóo, destacou que a boa saúde das nosas praias é un éxito colectivo e un reto cara o futuro.

    En total, a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor, ADEAC, outorgou 122 bandeiras ós areais da comunidade galega, ós que hai que engadir os 10 distintivos de outros tantos portos deportivos. Dende ADEAS, sinalan a grande evolución de Galicia e salientou que ter moitos galardóns non é signo de euforia, senón de esperanza.

    E dentro de Galicia, Sanxenxo é o municipio que lidera o ránking destes distintivos. O municipio conseguiu 13 bandeiras azuis para os seus areais e tamén volverá ondear a do porto deportivo Juan Carlos I.

    Por oitavo ano consecutivo, Sanxenxo lidera o ránking español. En total, a comarca do Salnés, conseguiu 24 bandeiras.

    Redacción Salnés