Amegrove vence en Redondela e achégase ó liderato

SALNÉS> Rematou o monopolio de Meira na Liga Galega. Amegrove fíxose coa bandeira de Redondela con total merecemento, ascende á terceira posición da xeral e manda un aviso ós seus rivais.

Excelente xornada para as traíñas arousáns na XXIV Bandeira Concello de Redondela. Sen dúbida a gran protagonista foi Amegrove, que se levou a victoria cunha gran autoridade por diante de Chapela. Os de Porto Meloxo foron os mellores dende o comezo ata o final, marcando sempre os mellores tempos en tódalas viradas. Chapela, por iso de actuar na casa, foi a única que, extramotivada, foi quen de seguirlle, pero nunca de inquietarlle. Ó final, Amegrove meteulle dez segundos á anfitriona.

Por detrás, no terceiro lugar sitouse Cabo de Cruz, no que é o seu mellor resultado do que vai de temporada. Os boireses dominaron a súa manga grazas tamén ó empuxe de Mecos, segunda nesta quenda e quinta na xeral. Entre ambas sitouse a decepción da xornada. Meira estivo irrecoñecible e perdeu a súa imbatibilidade tras rematar cuarta.

Mal resultado tamén para Muros-Náutico de Vigo, que caeron á sexta praza. A sorpresa da xornada deuna Perillo, que meteuse no séptimo posto da xeral desprazando ata ó oitavo a Vilaxoán.

Por abaixo Esteirana foi undécima, Puebla décimoquinta e Rianxo, unha vez máis pechou a clasficación no decimoséptimo posto.

No tocante á xeral, continúa comandada por Meira, aínda que a vantaxe víuse reducida a un único punto ante Chapela. A tres colócase Amegrove que ascende ó terceiro lugar. Cabo de Cruz quédase co quinto posto moi preto de Náutico de Vigo. Un pouquiño máis lonxe colócanse Mecos e Vilaxoán, sexto e séptimo, respectivamente.

Redacción Salnés