O Liceo despediu as tripulacións de Snipe que compiten en Almería

plantilla_deportes_lieo_copia_250.jpgVILAGARCÍA> Esta mañá, no club de mar do Liceo Casino, despediuse ás tres tripulacións de Snipe que parten cara o campionato de España da clase. Dúas compiten en categoría absoluta e unha en categoría xuvenil

{flowplayer}images/salnes/SNIPE.flv{/flowplayer}

A sede Náutica do Liceo Casino de Vilagarcía foi o escenario elixido para despedirse das tripulacións xuvenís e absolutas que van participar no campionato de España de snipe que se vai celebrar en Almería. O presidente do Liceo, Alfonso Saavedra, presentou as embarcacións que están patrocinadas polo Concello de Vilanova e a asociación de comerciantes e a Akademia Kurotán.

As tripulacións están formadas por Bernardo Paz e Olaia Monteagudo, Juan Debén e Gerardo Prego, ambas para categoría absoluta do campionato, e Santiago González e Oscar Lages para o xuvenil. Todos recoñecen que adestraron duro durante dous meses, pero que as condicións de Almería son moi complicadas.

O obxectivo que teñen todos os participantes é mellorar a posición do ano pasado e estar entre os 10 primeiros do ránking nacional.

Os patrocinadores mostraron todo o seu apoio ás tripulacións e desexáronlle o mellor para o campionato.

Redacción Salnés