Técnicos da Xunta comprométense a minimizar a afectación na mellora da estrada de Xuño

    tenicos.jpgPORTO DO SON> As protestas protagonizadas polos veciños e as xestións desenvolvidas polo PP local tiveron éxito e finalmente varios técnicos da Xunta desprazáronse ata a parroquia de Xuño para explicar os detalles do proxecto de mellora da seguridade vial na AC-550. A plataforma veciñal realizou un balance moi satisfactorio da xuntanza posto que o equipo técnico amosoulles, parcela por parcela, a superficie afectada e comprometeuse a estudar varias modificacións propostas polos afectados.

    {flowplayer}barbanza/tecnicosxuno.flv{/flowplayer}

    Os técnicos do departamento autonómico acompañados da directora do proxecto, Carmen López, o deputado autonómico, Manuel Ruíz, e o voceiro do PP local, Manuel Tomé, analizaron un por un os terreos afectados cos seus propietarios.

    O equipo técnico comrpometeuse a introducir algúns dos cambios solicitados polos veciños para reducir a afectación e quedaron pendentes de estudo o desprazamento dunha parada de autobus e unha rotonda.

    Os veciños quixeron agradecer a boa vontade da Xunta e volveron amosar a súa disposición a que se acometa a obra dado que a consideran necesaria pero tentando minimizar os prexuízos ós afectados.

    Redacción Barbanza