![]()
PONTEVEDRA> A cuarta edición das Xornadas sobre Institutos Históricos tivo lugar entre os días 5 e 8 de xullo no Auditorio do Instituto Sánchez Cantón, en Pontevedra.
{flowplayer}images/salnes/FEIJOO_CLAUSURA.flv{/flowplayer}
A clausura estivo presidida polo Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo quen aproveitou a ocasión para remarcar a necesidade de salvagardar o patrimonio histórico que posúen os centros educativos do noso país. Centros que ademais ofrecen un servizo público. Ademais, Feijoo comparou o carácter universal da cultura galega co exercicio de divulgación educativa e cultural dos institutos históricos en España.
Estas xornadas, organizadas polo Consello Escolar de España, celebrabábanse por primeira vez en Galicia. O alcalde da cidade pontevedresa, que tamén acudiu a este acto de clausura, remarcou a importancia da ensinanza para a formación da cidadanía, sobre todo en tempos de crise.
Ó acto tamén acudiu o Conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, o Vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Jose Juan Durán, a Presidenta do Consello Escolar estatal entre outras autoridades destacadas do mundo da política e do ámbito educativo.
Redacción Salnés








