![]()
POBRA> O executivo pobrés asinou esta mañá con representantes da empresa pública, SIGALSA, Solo Industrial de Galicia, o convenio de colaboración que permitirá esta ampliación.
{flowplayer}barbanza/convenioampliaciontomada.flv{/flowplayer}
Trala ratificación do convenio urbanístico para ampliación do polígono da Tomada, levada a cabo no último pleno celebrado o pasado mes de xuño, esta mañá dábase un novo paso na tramitación do proxecto. O alcalde, Isaac Maceiras, e o presidente de SIGALSA, Álvaro Couso, asinaban o convenio de colaboración que permitirá aumenta-la superficie do parque empresarial pobrés en cen mil metros cadrados máis, dos que aproximadamente o 80% será aproveitado por empresas xa asentadas neste polígono.
O presidente de SIGALSA, Álvaro Couso, incidiu tamén neste aspecto, sinalando que este proxecto será decisivo para o desenvolvemento económico do municipio, xa que se crearán novos postos de traballo.
Finais de 2010
A ampliación do polígono pobrés, cuxas obras poderían comezar a finais deste mesmo ano, suporá unha actuación cunha superficie total de 100 mil metros cadrados, dos que aproximadamente 60 mil será destinados a uso industrial. O número de parcelas ascende a unhas 15, ofertándose terreos de entre doce mil e 500 metros cadrados. Na actualidade existe unha importante demanda, sendo numerosas as empresas interesadas en dispor de máis chan industrial na Tomada como é o caso de Luís Escurís, Cartogal, Transportes Mapir, ACTENSA ou Procesados Pesqueiros do Grupo Lumar, entre outras.
Redacción Barbanza










