Ribadumia renova a rede viaria grazas a Xunta e Deputación

    visita_hernandez_ribadumia_100_130710.jpg RIBADUMIA> A autoestrada que une Freixo e Leiro ou os tramos Lois-A Goulla e Leiro-Besomaño-Ribadumia serán algúns dos puntos a reformar.

    {flowplayer}images/salnes/VISITA_HERNANDEZ_RIBADUMIA.flv{/flowplayer}
     
    O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, e o presidente da Deputación, Rafael Louzán, visitaron o municipio de Ribadumia para asinar un convenio de colaboración entre a Xunta e o organismo provincial polo cal destinarán preto de 2 millóns de euros para a mellora de varias estradas do concello.
     
    O proxecto ten previstas dúas actuacións na zona. A primeira, dotará de beirarrúas e aparcadoiros a marxe dereita da autoestrada que une as parroquias de Freixo e Leiro. Os plans inclúen a instalación de varios servizos urbanos, como a mellora das sinalizacións e do sistema de drenaxe.
     
    A intersección entre a estrada autonómica que une Nogueira e Cambados e os tramos de titularidade provincial Lois- A Goulla e Leiro- Besomaño- Ribadumia, tamén será obxecto de reformas. Neste punto, contémplase a construción dunha glorieta. A nova infraestrutura ten como obxectivo regular o fluxo de circulación, solucionar os problemas de visibilidade e mellorar as condicións xerais de seguridade.
     
    Durante a sinatura do convenio, os dirixentes amosáronse satisfeitos polos resultados das negociacións, e aseguraron que o proxecto pode levarse a cabo grazas á colaboración entre as tres administracións para mellorar a situación dos veciños. Espérase que as obras poidan estar listas para os usuarios en 2011.
     
    Redacción Salnés