LOUSAME> Foi unha xuntanza cos participantes nos proxectos do voluntariado xuvenil e sénior que se están levando a cabo no concello , concretamente ‘Xuventude Activa’ e ‘Voluntariado Sénior’.
A directora xeral Xuventude, Participación e Voluntariado asistiu en Lousame a un encontro coas persoas que participan nos proxectos do voluntariado xuvenil e sénior que organiza o Concello. Estivo acompañada da propia alcaldesa, Teresa Villaverde e varios membros do seu equipo de goberno. No encontro Cristina Pichel destacou a calidade dos proxectos, agradecendo ós voluntarios a axuda prestada.
Un aspecto este no que tamén incidiu a rexedora. Teresa Villaverde destacou a boa relación entre tódolos participantes dos programas de voluntariado, en especial os do voluntariado senior, no que a relación entre maiores e mozos é moi enriquecedora.
Ademais destas dúas propostas, a directora xeral tivo tempo de coñecer tamén a experiencia de dúas mozas turcas participantes no programa de Voluntariado Europeo que se veu desenvolvendo nos últimos meses tamén o concello de Lousame, e que xa está a piques de rematar.