Club Marítimo Breogán e o Club de Remo Amegrove, reciben axuda de 10.000 euros

plantilla_deportes_remo_copia100.jpgO GROVE> O vicepresidente da Deputación, Jose Juan Durán, entregou hoxe dúas colaboracións económicas ó Club Marítimo, Deportivo e Cultural Breogán, e o Club de Remo Amegrove.5.000 euros para cada un.

{flowplayer}images/salnes/COLEO_SUBVENCION_REMO.flv{/flowplayer}

Segundo explicou Durán, estas subvencións, teñen o obxectivo de apoiar ás entidades deportivas nas ligas ou actividades deportivas oficiai de ámbito local, comarcal, provincial, autonómico ou nacional, convocados por organismos oficiais ou federacións deportivas galegas.

Durán destacou que a Área de Deportes da Deputación, está a facer un importante esforzo para manter as axudas no eido deportivo pese ós recortes presupuestarios.

Doutro lado, apuntou que nos últimos catro anos Amegrove e Club Breogán, recibiron axudas por un importe de preto de 80.000 euros, non só pola participación en competicións senón tamén pola adquisición de material e organización de eventos.

Redacción Salnés