Unha victoria para non complicarse o acceso ó playoff

baloncesto250_280308.jpgVILAGARCÍA > Mañá xogan á mesma hora Extrugasa e Inelga; as chicas o farán en Madrid ante o Rivas Futura mentres que eles recibirán en Fontecarmoa ó Maristas.

O de mañá será máis que un partido para o Extrugasa. Precisan da victoria para non complicar a súa presencia no playoff polo título. Agora son séptimas e gardan unha victoria de marxe sobre o noveno clasificado. Cóntase coa derrota do Gran Canaria en Valencia ante o Ros Casares, polo que non deberían quedar fora deses postos de privilexio canda menos durante esta semana.

Sería importante a victoria, porque o rival é un dos fortes, o quinto clasificado Rivas Futura, equipo que pasa por se-lo mellor nos últimos dous meses, despois de alcanzar seis triunfos en sete partidos, os cinco últimos de maneira consecutiva.

Con case total seguridade Isaac Fernández non poderá contar con Agne Ciudariene, que non se adestrou estes días e continúa aqueixada da espalda; nesta última semana diagnosticouselle o pinzamento dunha costilla en dúas vértebras, o que explica o seu baixón de rendemento.

No estrictamente deportivo, rival duro que conta con dúas xogadoras desequilibrantes coma Nicole Antibe e Catherine Joens. O encontro, a partires das 19:30.

Na liga EBA, o Inelga buscará continuar coa xeira positiva de resultados que lles levou a gañar os sete últimos encontros de maneira consecutiva. Preténdese que o de mañá sexa o oitavo e o rival é propicio para elo, xa que o Zarzuela Maristas é segundo pola cola e só gañou un partido fóra da casa no que vai de liga. Un triunfo dos de Espiñeira os podería colocar incluso quintos na táboa ó remate da xornada.

Destacar tamén o encontro que o Establecimientos Otero xogará co Estudiantes de Lugo. Despois da última victoria ante o líder Pabellón, os de Diego Doval chegan repletos de moral para tentar recupera-lo segundo posto na xeral que lles roubou nas últimos semanas o Obradoiro. O partido será o domingo ás 12:30.

Redacción Salnés